XXV Xornadas Micolóxicas en Monforte

(3-9 de novembro)

 

No I.E.S. A Pinguela aproveitando que en Monforte celebranse as XXV Xornadas de Micoloxía dos Lactouros, e facendo coincidir ca festa da castaña, celebramos  unha semana micolóxica, na que os nenos traerán cogumelos para poñelos nunha exposición e mediante as explicacións oportunas facerlle ver a importancia do mundo dos cogumelos. Cogumelos na Pinguela

          

Como en anos anteriores a veterana asociación de micoloxía "Os Lactouros" vai a celebrar desde o 3 ó 9 de novembro, as XXV XORNADAS MICOLÓXICAS DE MONFORTE DE LEMOS, co siguinte programa de actos:

Programa de actos:

Luns 3 de novembro.-                                               

  • 20,15 horas .- Presentación das Xorandas, por Severino Rodríguez Díaz (Alcalde-Presidente do Concello de Monforte).

  • 20,30 horas.- Proxeccións de diapositivas encol das excursións de "Os Lactouros" perante o ano, por Luis Dapena Méndez. O remate da proxección haberá un Viño Galego.

Martes 4 de novembro.-       

  • 15,30 horas.- Saida ó campo para ver e recoller setas  que posteriormente se colocarán nunha exposición que permanecerá durante as xornadas.
  • 20,15 horas.- Conferencia: Historia da Micoloxía", por Leopoldo Sanmartín Pazos, 1º Presidente de "Os Lactouros" .

Mercores 5 de novembro.-

  • 15,30 horas.- Saida ó campo.
  • 20,15 horas.- Conferencia: "Principais tipos de intoxicacións por cogumelos". Por Juan José Martínez Álvarez. Veterinario -Presidente de "Os Cogordos" de Ourense.  

Xoves 6 de novembro

  • 15,30 horas.- saida ó campo.

SAIDA Ó CAMPO (FOTOS)

  • 20,30 horas.- Degustación de setas no restaurante do Clube Fluvial.

Venres 7 de novembro.-

  • 15,30 horas.- Saída ó campo.
  • 20,15 horas.- Conferencia: "Diferencia entre hábitas existentes en Galicia". Por José Ramón Pato Vicente. cofundador-expresidente da Asociaciación "Viriato" (Fene)

Sábado 8 de novembro.-

  • 15,30 horas.- Saida ó campo.
  • 18-19,30 horas.- Presentación das cestas do concurso de Cestas de Cogumel
  • 20 horas.- Fallo do concurso de Cestas, e a continuación entrega de premios. Ganador do concurso de Setas: Carlos Serafin

Domingo 9 de novembro.-

  • 14,30 horas.- Xantar de clausura.

 

Nota: As conferencias serán no Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte. (A entrada é libre)

ACTIVIDADES:

  • EXPOSICIÓN PERMANENTE DE COGUMELOS.
  • SAÍDAS Ó CAMPO.
  • CONCURSO DE CESTAS DE COGUMELOS.
  • PROXECCIÓN DE DIAPOSITIVAS.
  • DEGUSTACIÓN DE COGUMELOS.
  • SEMANA MICOGASTRONÓMICA. (colaboran: Mesón "J.M.", Restaurante "O Grelo", Bodegón "Ribeira Sacra", REstaurante "Zurich", Restaurante "Casa Javier", Restaurante "Casa Carballo".

Colaboran na celebración das Xornadas: Concello de Monforte, Caixa Galicia, Artesanía "Fusaiola", Artesanía "Loli", Chuzos S.L., e Pleximar.

Para coñecer máis do mundo dos Cogumelos, podese ver a web:  Xardín Botánico da Pinguela, nesta web, temos as fotos das plantas do noso Xardín Botánico e tamén se atopa o enlace para ver a sección de Cogumelos con fotos que están tomadas das xornadas dos Lactouros, do ano 2002. (Este ano pretendemos millorar esta web). Temos na nosa web enlaces a páginas de Cogumelos tanto de información como con fotos que merece a pena coñecer.

VOLVER