E QUE A XENTE BOA NON FAGA NADA.
pois eso mesmo pasa cos políticos e gobernantes. Farán o que lle salga das narices entre todos se os cidadáns, que deberamos ter en todo momento o control, non facemos nada.
Acaban de aprobar os presupostos galegos e temos unha rebaixa en SANIDADE e EDUCACIÓN. Que casualidade!. Monfortinos por favor, fagamos algo porque o camiño da privatización está xa ameazando a nosa AREA SANITARIA. Din que non a levarán e é certo pero deixarana reducida á mínima expresión e levarán tamén a SUA XESTIÓN (os cartos e os servizos controlaranse dende fora de Monforte, perdendo polo tanto toda autonomía de xestión e planificación dos mesmos). O luns houbo unha reunión en Santiago de plataformas galegas, non somos únicos, en toda Galicia está a pasar o mesmo, o curso da privatización acabará co sistema sanitario PUBLICO, pagaremos impostos para que a empresa privada reparta ganancias e reduza calidade no servizo.
se buscades un pouco por internet as noticias son claras do que acontece en España e Galicia xa está no tren!! PERO PODEMOS PARALO.
tedes exemplos e información en :
http://buengobiernosns.blogspot.com/2009/08/area-sanitaria-de-madrid-una-grande-y.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/20 ... 177227.htm
http://pladesapumonforte.blogspot.com/
correo da plataforma de monforte: pladesapumonforte@gmail.com