bos días, onte constituise na casa da cultura a "representación" da nova plataforma en defensa da sanidade pública de monforte. A plataforma naceu co obxetivo de loitar polo noso hospital, que está a sufrir certo "desmantelamento" de servizos os didadáns, tendo que desplazarse a Lugo para certas cousas. E loitaremos con mais forza se firmamos o manifesto. De todas formas onte presentouse ós asistentes documentación e información precisa do que se debate no parlamento, en Madrid, algo crucial para parar o proceso de privatización da sanidade que se está levando a cabo en Galicia (e Murcia), igual que se fai xa dende fai 5 anos en Madrid e dende fai 10 en Valencia, cun deterioro progresivo do servicio sanitario e aumento de custes, por moito que nos queiran vender a milonga de que sae mais barato. Para min e algo tan sinxelo como pensar por que as patacas custan 10 veces mais no supermercado do que o productor recibe. Sinxelamente porque os intermediarios teñen que repartir as ganancias, e no caso da sanidade esas ganancias levaas a empresa privada á que se lle cede a xestión. Estamos no momento de presionar para que ese proceso se pare. Para mais información podedes solicitala no correo da plataforma: pladesapumonforte@gmail.com.
E con respecto á esa xente que di que a plataforma non ten razón de ser decir que aporte probas, se non hai perigo de nada ¿por que lle molesta que pidamos explicacións?, ¿e por qué se debate en Madrid algo que aquí se encargan ben de que a xente non saiba?. LOITEMOS POLO HOSPITAL SI, PERO QUE TAMPOUCO NOLO PRIVATICEN!!