a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

El foro de todos aquellos que tengan inquietudes y quieren compartirlas, sobre todo en temas medioambientaless, educativos, energéticos, ciencia, técnica, etc.

Moderador: quercus

a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mariagamallo » Agosto 21st, 2009, 10:42 am

Este verán estiven lendo un libro moi bo que conta como as farmacéuticas nos fan enfermos crónicos so polo feito de enriquecerse á costa da nosa saúde. Hai varios destes e revistas que explican como nos vamos contaminando xa dende pequenos, incluso dende que estamos na barriga... A sanidade funcionaría moito mellor se se investise en prevención en lugar de votar man de tanto VENENO (medicamentos) que non fan máis que estragar o organismo en lugar de ir á raiz do problema. Bastaría cunha alimentación boa e equilibrada dende cativos para superar por nós mesmos calquera enfermidade. A medicina salva vidas pero mata moitas mais, ainda que o fai lentamente....
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mane » Agosto 22nd, 2009, 4:16 pm

Esa afirmación é unha verdade a medias, que pode levar a equivocos como cando un neno necesita unha transfusion e porqué se cree algo similar o que ti comentas ese neno morre por non empregar a medicina tradicional.

Creo que se debe loitar contra os moitos productos (na sua maioría dun xeito ou doutro dañinos para o corpo humano). Parece increible que a día de hoxe non se poda saber si un producto é transxenico ou non, nin que tipo de transxenico se usa. Agunhas etiquetas identificativas non din claramente os productos que levan ou tratan de enmascaralos, como cando che poñen que un producto está feito con grasas vexetais, esto debería estar prohibido, porque moita xente pensa en oliva ou xirasol, pero non se decata de que a orixe é o Coco ou a Palma (con grasas saturadas, como si fose touciño). Non digamos nada cando din grasas hidroxenadas.

Os fabricantes emplean este tipo de grasas hidroxenadas por o seu baixo coste e porque os productos elaborados con grasas hidroxenadas poden permanecer durante máis tempo nas estanterías dos supermercados, xa que estas grasas tardan máis tempo en enranciarse.
A pesar do seu orixen vexetal, debido o tratamiento físico-químico que sufriron, as grasas hidroxenadas comportanse no noso organismo como a grasa saturada, é decir, como "grasa mala", cuio exceso contribue a aumentar os niveis de colesterol sanguíneo. Por tanto, é recomendable revisar o etiquetado dos alimentos e polo menos saber o que aterse no caso de comelos.

A lectura das etiquetas debería ser obligada, porque as veces un decatase de que unha persoa é alerxica o leite por exemplo, e di, bueno vou a mercar fuet, porque é carne, pero si un lee detidamente a etiqueta, vese que leva lactosa e aida leite en pó.

Dacordo, totalmente co tema da alimentación, pero non co de que, a medicina mata máis vidas cas que salva. Eso é non é verdade ou se queres é unha mentira, que non quere dicir que todos os profesionais e hospitais, sexan perfectos, pero non se lle pode decir a unha persoa que estea tratada de quimio ou radioterapia por un tumor, que eso é estar tomandolle o pelo porque non é que sexa unha mentira, senón que é una TONTERÍA propia de outros lugares.
mane
 
Mensajes: 43
Registrado: Noviembre 2nd, 2008, 5:13 pm

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mariagamallo » Agosto 23rd, 2009, 11:02 am

Non dixen que a medicina tradicional haxa que excluíla, hai veces que é necesario, por suposto. Pero ese neno que necesita transfusión ou calquer outro problema terá una historia clínica (e non quero dicir que esto ocorra sempre) na que a orixe do problema é fundamental e posiblemente se non é de nacemento estivo causado pola mala alimentación, facemos demasiadas mezclas e tomamos demasiadas sustancias tóxicas e nocivas dende que nacemos e o organismo, ainda que se adapta, non quere dicir que sexa o correcto.
E interesante unha reportaxe da voz de galicia.... de hoxe. ..http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/08/23/0003_7924174.htm
a pouco que se busque documentación quedas abraiado do poder da farmaceutica. SAUDOS.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mane » Agosto 23rd, 2009, 3:51 pm

Nesto estou dacordo contigo, so non estou dacordo no tema de que a medicina tradicional mata mais xente que cura.

Por otra banda si che gustou a reportaxe da Voz, en internet ven un anaco do artigo, pero na prensa escrita ven na páxina 2 e 3 o artigo completo, non ten desperdicio.
mane
 
Mensajes: 43
Registrado: Noviembre 2nd, 2008, 5:13 pm

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mariagamallo » Agosto 24th, 2009, 10:04 am

mata no sentido de que nos están contaminando dende o principio. Ataca o síntoma pero non busca a orixe do problema. Se tomas unha aspirina para a dor de cabeza, ¿qué pensas que estás facendo co fígado, por exemplo?. Utilizan o paracetamol para danar o fígado dos animais e así facer os experimentos cos medicamentos... e todo funciona así. A quimioterapia é a mentira do século e o negocio tamén... non sei se sabes da existencia da revista Discovery Salud, é unha auténtica pasada. A web é dsalud.com.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mdopino » Agosto 25th, 2009, 12:12 pm

Moi ben, todo o que dis está moi ben, pero vamos a ver si me aclaras algo.

Respondeme sin irte polas polas ou decirme que hai que ter unha boa alimentación. Tu ahora mismo atopaste cunha grave enfermidade, que fas, vas o medico ou empezas a comer leituga e a beber auga destilada pasada por unhos imáns.

Eu creo que deberías loitar por que se dera unha alimentación o mais sana posible, pero non se debe xogar ca saude da xente e frivolizar con temas tan serios como o que che estea morrendo un familiar por unha grave enfermidade e tu propor de lavalo a un curandeiro ou pseudomédico (que tamén se pode levar) pero non lle saques a maneira na que se cura a xente e como xa ten pasado incluso por orde xudicial ter que obligar a alguén a ir a un hospital porque estaba cunha teima desas, e tentaba curarse cun aiuno total.
mdopino
 
Mensajes: 16
Registrado: Noviembre 6th, 2008, 12:45 am

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mariagamallo » Agosto 26th, 2009, 10:09 am

haber, non quero malinterpretacións. E o malo que ten "escribir" e non falar cara a cara. O que quero dicir é que a base da saúde está na alimentación. Por exemplo, todos estamos afeitos a comer froita mezclada coa comida, por exemplo, de postre. Pois moi mal feito. A froita mezclada con calquera outra cousa non deixa facer a dixestión, fermenta todo no estómago e vamos acumulando porcallada que intoxica ó organismo... e como iso moito mais. O final todos acabamos con achaques, tomamos a pastilla e estragamos algo mais, e así complicamos todo. Voucho dar un enlace interesante para ilustrar un pouco o que quero dicir, e sobre un tema de actualidade. http://www.dsalud.com/numero117_1.htm. So quería dar a miña opinión sobre a mala costume de ir á farmacia para calquera cousa, hai remedios naturais sen efectos secundarios é mellores. De todas formas para nada estou a dicir que non se deba de ir ó médico, eso si, a miña experiencia tamén me di que antes vou a un homeópata ou outro tipo de profesional, polo menos buscan a orixe do problema e non o síntoma, como fai o médico (en xeral, que hai de todo).
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor quercus » Agosto 31st, 2009, 12:25 am

Simplemente vean este enlace de los ADITIVOS ALIMENTARIOS, y verán la gran cantidad de mierda que nos metemos todos los días en el cuerpo.

ADITIVOS ALIMENTARIOS, COLORANTES Y CONSERVANTES
quercus
 
Mensajes: 158
Registrado: Noviembre 1st, 2008, 1:43 am
Ubicación: Monforte de Lemos

Re: a saúde está na alimentación- a enfermidade nos fármacos

Notapor mariagamallo » Septiembre 1st, 2009, 9:56 am

podémolos evitar en moita medida pero é mais cómoda a comida "porcallada". Cada un ten que ser consciente do que mete no corpo pero para eso hai que ser antes consciente de como funciona o noso organismo para non ter enfermidades. Quedaríanse abraiados todos do fácil que é manterse sano..pero a contaminación xa a temos mesmo antes de nacer, na barriga xa nos empezan a dar "merda". Pero non todo é malo, so hai que informarse e animarse a mellorar.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am


Volver a Naturaleza, Recursos, Ciencia, Tecnología, etc.

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 4 invitados

cron