Celebrouse o dia mundial a Sida e desde esta paxina quero contribuir a dar máis información, ainda que creo que a hai de abondo, pero bueno.
Segun un traballo feito por Natalia, Iria, Telma e Selene:
O VIH ou virus da Inmunodeficiencia Humana é un microorganismo, axente infeccioso encadrado no xénero Lentivirus( caracterizado por un longo período de incubación). Este virus ataca o Sistema Inmunolóxico (S.I) das persoas , debilitándoo e facéndoas vulnerables ante unha serie de infeccións, algunhas das cales poñen en perigo a vida.
Un virus é unha forma de vida moi simple se a comparamos cunha bacteria, unha célula ou un animal.Como os virus non son capaces de reproducirse por si mesmos necesitan utilizar a outros seres vivos para poder multiplicarse e sobrevivir. En moitos sentidos un virus é un parasito. No noso organismo o virus parasita as células do noso S.I comunmente coñecidas como “glóbulos brancos” destruíndoos ou facendo que deixen de cumprir a súa función.
Por ese motivo, pasado un tempo, a acción do virus sobre o noso S.I fai que perda a súa eficacia e deixe de protexernos contra as infeccións e enfermidades as que estamos permanentemente expostos. Nese momento aparecen unha serie de signos, síntomas e enfermidades as que, en conxunto, se lles chama Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida ou SIDA.
As enfermidades relacionadas coa inmunodeficiencia ocorren cando o sistema inmunolóxico é menos activo do normal, dando lugar a infeccións que poden poñer en perigo a vida.
A inmunodeficiencia tamén pode ser resultado dunha enfermidade xenética como a inmunodeficiencia severa combinada, por exemplo.
O VIH é un retrovirus. Que quere dicir isto? Pois que o seu código xenético non está escrito en ADN, senón en ARN.
De ahí ven o nome de retrovirus, e tamén “antirretroviral” para os fármacos que buscan reducir a súa actividade ou eliminalo.
a presentación do traballo basarona no siguiente poweer point
A SIDA
ESTE É O TRABALLO COMPLETO SOBRE A SIDA