Reflexión

Opiniones y actualidad, sobre temas generales.

Moderadores: casan, quercus

Reflexión

Notapor Rafa Castillo » Agosto 25th, 2010, 10:34 am

Pois si. O goberno fíxoo ben. Con paciencia e diplomacia logrou a liberación dos reféns. E ao parecer tamén que durante o seu cativerio estivesen "ben" tratados. Nada que obxectar.
E o P.P. está vez, non mete paus nas rodas. Sabe valorar a situación. Se pola súa acción morren os reféns... mellor apuntarse ao carro gañador e apoiar sen fisuras o goberno.
Cabe, se facer unha reflexión. Lógrase a liberación seguramente pagando e coa liberación dun terrorista xulgado e condenado en Mauritania. E xa adianto que non critico o goberno (a este ou a outro que houbese) por logralo a este prezo. Esta é unha reflexión para os cidadáns, para cada un de nós.
Imaxinemos que os terroristas secuestran un cidadán de Malí e esixisen a liberación dun terrorista xulgado e condenado pola Audiencia Nacional e polo Supremo. Consentiriamos a súa liberación? Podería liberalo o Goberno? E se o terrorista fose de ETA? Que diría o P.P.?
Que fariamos se o secuestrado fose francés ou americano? E se fose español?
Diremos claro que España é un estado de dereito e Mauritania non. Pero, Consentímoslle selo? Ou non facemos, xogando coa fame e a miseria, así como con gobernos corruptos que occidente manexa ao seu gusto, que nunca cheguen a alcanzar a súa madureza política e social?
En fin. O terrorismo é un problema difícil e ás veces hai que facer o que non se debería. Pero polo menos, se se fai, que sexa para todos igual.
Rafa Castillo.
Rafa Castillo
 
Mensajes: 3
Registrado: Agosto 25th, 2010, 10:10 am

Re: Reflexión

Notapor lemavos » Agosto 25th, 2010, 1:38 pm

Bueno o de paciencia e diplomacia, vamos a deixalo de lado, porque si pagar un rescate de mais de 10 millons de euros e a liberacion de un xeje deles é diplomacia e paciencia, veña Dios e o vexa. As demáis reflexión son boas, e nunca se debería estar por riba da lei, sexa quen sexa. Si negociar con terroristas vai contra a lei e deixando de lado os argumentos non legais, pois como tu dices, si o caso fose o revés que pasaría e non, porque fose o pp quen protestase, senón porque vai en contra da lei, as cousas as veces non son o que parecen, pero desde logo paciencia e diplomacia "0", porque para eso, non facía falla que estivesen todos eses días en cautiverio.

Liberacion de rehenes catalanes
lemavos
 
Mensajes: 1
Registrado: Agosto 19th, 2010, 11:49 am


Volver a FORO GENERAL

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 7 invitados

cron