un consumo responsable da auga??

Opiniones y actualidad, sobre temas generales.

Moderadores: casan, quercus

un consumo responsable da auga??

Notapor mariagamallo » Agosto 23rd, 2009, 11:05 am

para que o concello pida un consumo responsable da auga creo que debe de comezar antes por dar exemplo. No xardín todolos días hai espazos verdes asolagados totalmente por unha mala xestión do rego. Vai mais auga polo asfalto que no verde. No rego de árboles e traballos nas melloras de aceras e rúas os grifos botan auga sen parar e corre polo chan sen pena nen gloria ata que alguén se preocupa de pechalos, as mangueiras perden por todolos lados..... ESE E UN CONSUMO RESPONSABLE??? Creo que non, e todos pagamos esa auga.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am

Re: un consumo responsable da auga??

Notapor mane » Agosto 23rd, 2009, 3:48 pm

Estou totalmente de acordo contigo, e non digamos nada das piscinas e hortas que se enchen ou regan ca auga da traída, as veces sin pasar polo contador.

Nestas festas ahi un feito que me fixo sentir moita vergoña allea, e foi, o cheiro dos contenedores de Monforte. E sabido que hai un litixio do Concello ca empresa de limpeza, pero nos dias das festas habería que facer o que fose para evitar casos como ó vin, de turistas cun pano nas narices polo rúa do Cardeal polo cheiro dos contenedores soterrados, e mais ainda, dunha gran mancha no chan que facía que non se aguantase do cheiro, chamaron o Concello e hasta os municipais viñeron a facer unha foto; pero o cheiro seguiu. Polo que se desprende que a foto foi para arquivo e non para arranxar o problema.
mane
 
Mensajes: 43
Registrado: Noviembre 2nd, 2008, 5:13 pm

Re: un consumo responsable da auga??

Notapor mariagamallo » Agosto 24th, 2009, 10:01 am

E sen contar coas averías que se están a producir polas obras e demais tinglados. Agora mesmo me viñen sen duchar da piscina climatizada porque non había auga... e unha tubería tirando auga no San Lázaro dende sabe Deus que hora...
O dos contedores é certo, e tamén a porquería que se acumula nos parques e xardíns. Falta moito civismo por parte de todos en xeral pero o Concello ten a responsabilidade de velar por eso.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am


Volver a FORO GENERAL

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 33 invitados

cron