por mariagamallo » Septiembre 1st, 2009, 10:20 am
bos días, parece que o noso alcalde está preocupado polo ano 2010, que será difícil. Eu preguntome para quen, para eles non que cobran dabondo. E para o concello pregúntome se non sería bo que fixeran unha pequena reflexión contando os cartos que levan tirados levantando e montando aceras, rúas, plazas, fontes, e demais. Ou mercando quioscos de 30000 euros que levan meses pechados. Un concello ten ingresos e gastos e os señores gobernantes pasan olímpicamente de que cadren as contas, total que mais da, os que veñan logo que paguen o pato ou senón subimos impostos ou deixamos que os veciños se queden se servizos. Nas vindeiras eleccións deberíamos de poñer unha nova papeleta "FORA POLITICOS E QUE PASEN GOBERNANTES E XESTORES COMPETENTES", cando todo vai ben é facil gobernar e cando as cousas se poñen feas non saben como amañalas. ¿Por qué os políticos din unha cousa é fan outra (non quero xeralizar, que non se sintan ofendidos os que así o consideren, por favor!)... POR NON PERDER A COSTUME. E sabedes o peor desa clase de xente, que (case!) todos acaban colgando ó pescozo o cartel de SE VENDE.