por casan » Octubre 24th, 2009, 10:20 pm
Mariagamallo, a xente entra e sobor de todo, lee, os menos opinan e/ou critican, outra cousa moi distinta é participar a saco nas tuas propostas. E que non sabes o que pasa no teu traballo, axente fala e fala e logo, ¿¿quen fala donde realmente hai que falar??. Estamos nun mundo de individualismo que a maior parte da xente vai o del, e o dos demáis, pasan do tema, e eso ocurre en todo.
Seguro que Juan sabe perfectamente do que falo, e si se lles ocurre a censurar como foi o Monxove este ano (que o fan a mazo todos os participantes, en privado), pois seguramente non ó haberá para o ano próximo (en ningún sitio). Cando se loita hai que facelo con todas as consecuencias e podeche asegurar que as haberá. Si se gana perfecto, pero si se perde, os gañadores (nunca pasa no mundo animal) faranlle as de Cain os perdedores (exemplos hai a miles, e non hai que ir moi lonxe para velo).
Moita xente non participa activamente nos foros, porque pensa que de algunha maneira alguén os identificará e prefiren estar no anonimato, e si hai alguén que tire do carro, perfecto, que logo si o carro chega a algures, enseguida intentarán subir a él, pero si se desconxunta polo camiño, "si te he visto no me acuerdo"
E triste, pero o mundo funciona así.