por mane » Agosto 23rd, 2009, 3:48 pm
Estou totalmente de acordo contigo, e non digamos nada das piscinas e hortas que se enchen ou regan ca auga da traída, as veces sin pasar polo contador.
Nestas festas ahi un feito que me fixo sentir moita vergoña allea, e foi, o cheiro dos contenedores de Monforte. E sabido que hai un litixio do Concello ca empresa de limpeza, pero nos dias das festas habería que facer o que fose para evitar casos como ó vin, de turistas cun pano nas narices polo rúa do Cardeal polo cheiro dos contenedores soterrados, e mais ainda, dunha gran mancha no chan que facía que non se aguantase do cheiro, chamaron o Concello e hasta os municipais viñeron a facer unha foto; pero o cheiro seguiu. Polo que se desprende que a foto foi para arquivo e non para arranxar o problema.