O departamento de informática do IES A PINGUELA organizou para o vindeiro
martes día 10 de novembro unha charla a cargo de Xavier Alcalá, escritor e
director da Oficina de Programas Internacionais de I+D+i da Fundación para o
Fomento da Calidade, dependente da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería
de Economía e Industria.
Xabier Alcalá foi noticia este fin de semana por formar parte do grupo de
galegos nas sedes europeas de Bruselas que pretenden impulsar un grupo de
influencia ante as institucións comunitarias para a defensa dos asuntos de
Galicia.
Falará da importancia da participación nos programas da Comisión Europea, a
cooperación entre empresas e entidades de toda Europa, a apertura dos
mercados europeos a través da participación das empresas e as institucións
innovadoras.
A charla terá lugar no Salón de Actos do IES A PINGUELA, ás 17 horas.
A actividade está aberta a todo o público interesado e especialmente ós
empresarios da comarca de Lemos, dado que os asuntos a tratar son de
especial importancia para eles.
Despois da mesma haberá mesa redonda e debate cos asistentes ou con algunha
aclaración ou dúbida que desexen expoñer ó relator.