bos días, estamos a facer unha serie de reunións para crear en monforte unha plataforma en defensa da sanidade pública. Todo isto ven a conto das sospeitas de que a famosa área sanitaria única para Lugo acabe coa desaparición do hospital de monforte, quedando somentes servicios de consultas e especialidades. A privatización da sanidade xa se fixo en comunidades coma Valencia, Madrid, etc. Eso sí, de forma encuberta. Nuñez Feijoo parece que ten pensado seguir ese exemplo. en fin, que saibades que nos estamos movendo. Cando teñamos algo convocarase é cidadanía para que se unan á plataforma e esixir ó goberno garantías de continuidade para o noso hospital.
saudos.