Página 1 de 1
plataforma en defensa da sanidade publica
Publicado:
Noviembre 18th, 2009, 11:00 am
por mariagamallo
bos días, estamos a facer unha serie de reunións para crear en monforte unha plataforma en defensa da sanidade pública. Todo isto ven a conto das sospeitas de que a famosa área sanitaria única para Lugo acabe coa desaparición do hospital de monforte, quedando somentes servicios de consultas e especialidades. A privatización da sanidade xa se fixo en comunidades coma Valencia, Madrid, etc. Eso sí, de forma encuberta. Nuñez Feijoo parece que ten pensado seguir ese exemplo. en fin, que saibades que nos estamos movendo. Cando teñamos algo convocarase é cidadanía para que se unan á plataforma e esixir ó goberno garantías de continuidade para o noso hospital.
saudos.
Re: plataforma en defensa da sanidade publica
Publicado:
Noviembre 23rd, 2009, 5:09 pm
por quercus
Non se sabe moi ben o que están a facer co Hospital de Monforte, xa que cada día son máis as operacións que se derivan a centros privados, e tamén son moitos que despois de esperar meses por un especialista, cando lle vai a tocar a sua vez, chámano aplazando a sua visita.
Tal é a cousa que unha señora a que desplazaron para operarse de cataratas o Polusa en Lugo, pois este centro debe ter tantas operacións derivadas do público que xa a chamaron para aplazar a súa intervención.
Hai uns días saiu na prensa o caso dunha nena que tamén foi derivada a Lugo para que a interviran de apendicitis (non creo que a complicación desta operación aconselle a sua derivación?), con todas as molestias que se derivan para a familia (desplazamentos, comidas, etc.)
etc., etc.
A cousa non pinta ben para a sanidade pública en Monforte.
Re: plataforma en defensa da sanidade publica
Publicado:
Noviembre 24th, 2009, 11:04 am
por mariagamallo
este próximo venres haberá unha convocatoria para formar a plataforma, sairá a noticia na prensa pero estase a barallar a posible ubicación do acto na casa da cultura ás 8 e media da tarde. Estade pendentes porque é a oportunidade para participar e aportar un grao de area.
Hai que comezar por algo e gustaríame concienciar tamén os traballadores do centro, hai moita xente "acomodada" no seu posto FIXO de traballo e a productividade empeza a ser un pouco escasa. A privatización de pequenos servizos está a dar mellores resultados nese sentido, na empresa privada ou rindes ou te vas!!.E así de triste, señores. Por iso depende de NOS, de pacientes e de traballadores!!