O que a prensa non di
Publicado: Febrero 21st, 2010, 10:47 pm
O texto que ven a continuación é a nota de prensa enviada onte día 20 aos medios. Lede e comparade co que publican.
En relación ao debate do pasado día 18 xoves, na TV7, queremos lamentar o constante abuso do tempo e continuas interrupcións do representante do PP, desviando o debate cara a temas que nada tiñan que ver co problema que nos ocupa. Así foi imposible que nos respostase a preguntas como “CANDO SE VAI PRESENTAR O BORRADOR?, VAI DEPENDER A XESTIÓN DO NOSO HOSPITAL DO DE LUGO?, POR QUE SE RESCINDIU O CONTRATO DE 7 ESPECIALISTAS NO HOSPITAL?, POR QUE NON SE FALOU DAS ÁREAS DE MONFORTE, BURELA E VALDEORRAS NA MESA SECTORIAL QUE TIVO LUGAR O DÍA 11 DE FEBREIRO EN SANTIAGO?.
Ante estas preguntas o señor Dámaso só se dedicou a alabarse autoproclamándose o “Deus defensor e salvador” da Sanidade da comarca, quedando en evidencia e dándolle as costas á cidadanía no menosprezo das ideas do resto da xente. Fixo o labor de representante da Consellería en lugar de representar e defender aos veciños e ás veciñas da comarca.
A plataforma agradece que o representante do PSOE (Miguel Ángel Fernández.) expresase claramente a posición do seu partido ante esta situación.
Alén disto, queremos engadir que no día de onte, 19 de febreiro de 2010, tivo lugar no Barco de Valdeorras unha reunión de Plataformas, na que todas demostraron a súa preocupación polos novos plans de xestión nas áreas sanitarias que pretende levar a cabo a Consellería, sendo estes as consecuencias da continua privatización da sanidade galega que se está a levar a cabo.
Na devandita reunión os compañeiros de Vigo e Pontevedra expuxeron a súa problemática denunciando a privatización que se está levando a cabo por parte do SERGAS no novo hospital. Quedando claramente demostrado que imos camiño dunha SANIDADE PÚBLICA RENDIBLE, é dicir, queren facer da Saúde un negocio, algo que só louvan os promotores políticos e empresas privadas que se fan coa xestión (facendo posible a súa rendibilidade a costa de baixar en calidade da asistencia). Un modelo sanitario así é ruinoso para a economía, segundo se demostrou xa nos países nos que se implantou e que finalmente están desbotando.
Ante esta situación, farase proximamente unha reunión de plataformas de toda Galicia en Santiago para a elaboración dun calendario común de actividades e mobilizacións cidadás.