Pois si. O goberno fíxoo ben. Con paciencia e diplomacia logrou a liberación dos reféns. E ao parecer tamén que durante o seu cativerio estivesen "ben" tratados. Nada que obxectar.
E o P.P. está vez, non mete paus nas rodas. Sabe valorar a situación. Se pola súa acción morren os reféns... mellor apuntarse ao carro gañador e apoiar sen fisuras o goberno.
Cabe, se facer unha reflexión. Lógrase a liberación seguramente pagando e coa liberación dun terrorista xulgado e condenado en Mauritania. E xa adianto que non critico o goberno (a este ou a outro que houbese) por logralo a este prezo. Esta é unha reflexión para os cidadáns, para cada un de nós.
Imaxinemos que os terroristas secuestran un cidadán de Malí e esixisen a liberación dun terrorista xulgado e condenado pola Audiencia Nacional e polo Supremo. Consentiriamos a súa liberación? Podería liberalo o Goberno? E se o terrorista fose de ETA? Que diría o P.P.?
Que fariamos se o secuestrado fose francés ou americano? E se fose español?
Diremos claro que España é un estado de dereito e Mauritania non. Pero, Consentímoslle selo? Ou non facemos, xogando coa fame e a miseria, así como con gobernos corruptos que occidente manexa ao seu gusto, que nunca cheguen a alcanzar a súa madureza política e social?
En fin. O terrorismo é un problema difícil e ás veces hai que facer o que non se debería. Pero polo menos, se se fai, que sexa para todos igual.
Rafa Castillo.