recordovos que hoxe ás 20:30 horas terá lugar no salón de actos da casa da cultura de monforte o acto para a formación da plataforma en defensa da sanidade pública, en vista do risco que pode estar a correr o noso hospital.
poño á vosa disposición un artigo que explica o proceso que xa se levou a cabo en outras comunidades.
http://www.dsalud.com/numero116_5.htm
AQUI TEDES O MANIFESTO
MANIFESTO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos, conformada por veciños e veciñas e organizacións de distinto tipo pertencentes ás poboacións de Monforte, Carballedo, Chantada, Saviñao, Sober, Ferreira, Quiroga, Pobra do Brollón, Bóveda, Rubián e Folgoso do Caurel manifesta como principios xerais da mesma:
• A necesidade de manter a Área de Saúde de Monforte para asegurar unha calidade digna da asistencia sanitaria das poboacións anteriormente nomeadas. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, a Plataforma manifesta a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como garante dunha asistencia sanitaria de calidade.
• A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdade de condicións.
• A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria de Monforte, coa mellora continua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas destas comarcas reciban coidados sanitarios sen discriminacións nin diferenzas con respecto a outras.