por quercus » Febrero 14th, 2010, 8:20 pm
La Asociacion Caminos a Santiagopola Ribeira Sacra, pone toda la carne en el asador este año, para conseguir la oficialidad de esta hermosa Ruta, teniendo en cuenta que A Xunta desde varios medios y Consellerías apoyaron El Camino de Invierno, ahora Asociación programa para este año Xacobeo:
"Catorce percorridos guiados que promocionarán o Camiño de Inverno ao longo do 2010" (nota de la Voz de Galicia)
A asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra preparou o calendario das marchas promocionais polo Camiño de Inverno que se levarán a cabo durante o presente ano. Desde o próximo día 17 ata novembro, este colectivo organizará catorce camiñatas desde Ponferrada ata Santiago.
O primeiro percorrido farase a semana próxima entre Cereixa -na Pobra do Brollón- e Monforte. Nesta xornada celebrarase por outro lado a inauguración do tramo urbano do Camiño de Inverno, sinalizado os pasados días nas rúas de Monforte.
A seguinte marcha levarase a cabo o 28 de febreiro entre Ponferrada e o castelo de Cornatel, en Priaranza del Bierzo. Nesta xornada inaugurarase a sinalización do tramo berciano.
O 14 de marzo, a camiñata será entre Cornatel e Puente de Domingo Flórez, cunha visita ao centro de interpretación da rede hidráulica das minas das Médulas. O 28 de marzo haberá unha marcha entre a última localidade mencionada e O Barco de Valdeorras, completada cunha visita ao castro e o mosteiro de Xaguaza.
De abril a novembro
Os seguintes percorridos serán o 11 e o 25 de abril. O primeiro discorrerá entre O Barco e Montefurado, con visitas ao lugar das Ermidas e á ponte romana do Bibei. O segundo irá de Montefurado a Quiroga e as visitas serán ao castelo de Torre Novaes, á igrexa de Hospital e á capela da Ermida.
O 9 de maio cubrirase a ruta entre Quiroga e A Pobra de Brollón, cunha visita á Casa Grande da Ferreirúa. O 23 do mesmo mes, a camiñata irá de Monforte a Diomondi -no municipio do Saviñao-, cunha visita á igrexa románica desta localidade e ao museo de Arxeriz.
En xuño farase unha marcha de Diomondi a Chantada -o día 6-, con visitas ás igrexas de San Salvador de Asmae Santiago de Arriba, e de alí a Rodeiro -o día 20-, visitando neste caso a ermida do Faro.
As marchas suspenderanse durante o verán e reanudaranse o 26 de setembro cunha camiñata de Rodeiro a Lalín. O 17 de outubro cubrirase a etapa de Lalín a Bandeira. Os dous últimos percorridos do programa serán os días 7 e o 21 de novembro, nos que se cubrirán os tramos de Bandeira a Ponte Ulla e de alí a Santiago.